El BNG de Ribadeo afirma que las asistentas al balneario de Cuntis «acabaron asistindo baixo presión emocional a unha actividade comercial»

bng balneario pistas balneario hospital asilo

«No pleno deste martes 19 de marzo puidemos comprobar unha vez máis que o goberno municipal do PP non ten capacidade para gobernar ben o concello. Para gastar sen xeito e sen traza, si; para solucionar os problemas da xente, semella que non. A súa obsesión por marcar diferenzas co anterior goberno municipal do BNG leva ao PP de Ribadeo a desfacer todos logros dos anteriores mandatos, e mesmo a crear problemas onde antes non os había», explican los nacionalistas. 


Asimismo, critican la ausencia de actividades de conciliación en la programación: «De cara á Semana Santa, as actividades de lecer para a rapazada van sufrir un radical cambio de enfoque: segundo palabras pronunciadas no pleno polo concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco Silvent, estas novas actividades van estar enfocadas cara aos nenos e nenas e a mocidade que poidan ter problemas. Elimináronse as actividades de conciliación que que todos os anos organizaba o Concello para sustituílas por outras de libre acceso, que no caso dos máis pequenos restrínxense a dous días en horario de tarde. Desde o BNG sempre apostamos por actividades para toda a rapazada e tendo sempre en conta que un dos obxectivos fundamentais é a conciliación familiar. Meterse en aventuras sen un mínimo de experiencia comporta riscos. Pero ao goberno municipal, con tal de se diferenciar do anterior goberno, élle igual».


Por otro lado, según el BNG local, «atender os problemas reais da xente resúltalles bastante complicado. O falar non ten cancelas, pero traballar con eficacia é máis complicado. Que llo digan ás xentes de Remourelle que ven como os estragos causados polo último temporal na súa escola (e xa vai case un mes) seguen sen ser atendidos. O BNG de Ribadeo preguntou por este tema no pleno e o goberno non tivo máis remedio que comprometerse ao seu arranxo o máis axiña posíbel. Estaremos á espera. E de non cumprir coas súas obrigas cara á veciñanza de Remourelle, volveremos sacarlle as cores».

«Tamén lle esiximos explicacións ao goberno municipal do PP sobre o uso do vehículo de protección civil para actividades que non se corresponden co estipulado pola normativa vixente. Pero para este goberno, todo o que eles fan está ben. Pretenden usar de xeito indiscriminado o vehículo de protección civil para actuacións do concello ignorando que, en caso de necesidade por mor dunha urxencia, non vai estar dispoñíbel no momento que faga falta. Pensen nunha urxencia en Piñeira e que o coche estea ocupado con traballos do concello en Piñeiro. O tempo de reacción vaise ver ben agrandado. Pero ao goberno municipal pouco lle importa se con este uso indebido tapa un remendo», indican. 

Polémica con el viaje al balneario de Cuntis el 8M 


«Pero o despropósito maior puidérono padecer un grupo de mulleres que participaron nunha xornada no balneario de Cuntis. Desde o Concello comentaron que foi unha xornada de risas e complicidades, na que fortaleceron os lazos de sororidade. Pero a realidade foi ben outra: acabaron asistindo baixo presión emocional a unha actividade comercial. Como é posíbel que as persoas alí presentes tivesen que escoitar, de parte das persoas que organizaban esa charla, que había que asistir pois era a maneira de pagar a actividade? Como é  posíbel que a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, alí presente, non se fixera valer e defendera ás veciñas que participaban nesta actividade, fronte ás presións da empresa organizadora deste evento? Por certo, seguimos sen saber cal foi a empresa que organizou esta charla comercial. É esta a capacidade de xestión do goberno municipal da que tanto presume o alcalde?», concluyen.