Los nacionalistas denuncian que el gobierno municipal les denegó el acceso a la información sobre la cuenta de ingresos y gastos por partidas del año 2024 a 18 de septiembre de este mismo año. «Desde o Concello denegouse o acceso a esta información alegando que os datos requeridos xa serían postos en coñecementos dos membros da corporación no momento de efectuar a liquidación», explican.
El portavoz del BNG en Ribadeo, Pablo Vizoso, declaró: «Esta mañá atopámonos coa sorpresa de que, nun paso máis na deslealdade e falta de compromiso democrático, o goberno do PP decidiu que non ía poñer a disposición deste grupo municipal unha información relevante para coñecer a situación do gasto no que vai de ano. Levamos denunciando, desde case o comezo do mandato, un despilfarro descontrolado por parte do goberno municipal e agora este intento de impedirnos o acceso á información fainos ter unha preocupación maior sobre o disparado que pode estar ese gasto».
«Nós facemos o noso traballo e fiscalizamos cada céntimo e cada decisión que toma este goberno; este negarnos o acceso ás contas para que non poidamos analizar as cifras non vai quedar así. Temos un compromiso coa veciñanza de Ribadeo e imos cumprilo», añadió Vizoso, que insiste en que «volveremos solicitar a información cantas veces sexa necesario e estamos estudando as medidas concretas a tomar para evitar o ocultismo. Acudiremos ao Valedor do Pobo e ao resto de instancias xurídicas se é necesario. Porque as institucións son de todos; os tempos escuros xa vai tempo que marcharon, e se teñen algo que ocultar imos sacalo á luz».