Dani Vega se queja del abandono de inversiones en las infraestructuras de titularidad provincial

Señor Vega
El alcalde de Ribadeo reclamó este mediodía en la Deputación de Lugo inversiones en las infraestructuras de titularidad provincial, "xa que están completamente abandonadas".

El regidor aludió al retraso con la que llegó la reunión de hoy “despois dun ano de solicitala a institución entendeu que debía corrixir esa actitude e recibiunos a deputada de Relacións Institucionais. Nosoutros entendemos que o presidente ou calquera deputado ten que recibir aos alcaldes. Eu non vou quedarme na simple anécdota de quen nos recibe. O importante é buscar esa liña de acordo, buscar a inversión, é dicir todo ese orzamento que a Deputación ten a obriga de investir en Ribadeo, e a nosoutros iso é o que nos ocupa e preocupa”.


Vega recordó que “durante todo este tempo fómoslle solicitando reunións ao presidente da Deputación, porque temos necesidades e a Deputación tamén ten obrigas no noso concello, por exemplo a conservación de toda a rede de infraestruturas, das estradas da Deputación, que están completamente abandonadas, que non hai ningún tipo de mantemento, que non hai ningún tipo de conservación á hora da limpeza, que observamos que está todo sen desbrozar”.


El alcalde subrayó que “a Deputación ten unhas obrigas coas que ten que cumprir, que nos concrete cando van vir limpar e cando van vir investir para mellorar a rede de infraestruturas. Tamén ten unha obriga orzamentaria con Ribadeo e por iso nosoutros pedíamos, e hai un acordo da Corporación Municipal, é verdade que coa abstención do BNG e do PSOE, pero en definitiva saíu adiante… creemos moi necesario a construción dunha pasarela para evitar que os peregrinos vaian pola estrada da Deputación, pola estrada de Vilela. É un risco o que estamos a sufrir todos os días. E aí tamén se debe investir para evitar accidentes, que nestes momentos xa houbo dous”.


Además, indicó: “tamén debemos mellorar entornos nesa estrada, a antiga estrada que agora quedou aí como un aparcamento obsoleto, sen desbrozar, cun feísmo importante nese traxecto, estaría ben construír un miradoiro. Isto é importante, como tamén é importante que se invista en todas as entidades culturais, deportivas, nas asociacións de veciños, creo que é fundamental. E tamén lle trasladamos que cremos que hai que ter unha reunión co deputado de Deportes porque necesitamos a inversión da Deputación para construír instalacións deportivas necesarias neste concello”.


Vega añadió: “nestes momentos, a Deputación entendeu que debíamos ter esta reunión e nosoutros agradecemos este espírito de acordo que sempre mantivemos desde a institución municipal, colaborar permanentemente, a lealdade institucional é importante. É verdade que non se debe confundir lealdade institucional con silencio, senón hai ningún tipo de inversión. Eu leal total, pero exixente o máximo para que as institucións, todas, a Deputación, a Xunta e o Goberno do Estado, invistan no noso pobo”.

Comentarios