El alcalde anima a solicitar subvenciones para la rehabilitación de viviendas situadas en los Aris de Ribadeo y Rinlo

090124 Foto Rinlo
La partida destinada a este fin se acerca a los 100.000 euros. El plazo de solicitud de estas ayudas está abierto hasta el próximo 18 de febrero. 

El regidor dijo: «animamos a todos os propietarios que teñen vivendas no casco histórico de Ribadeo e tamén no conxunto da vila mariñeira de Rinlo. Animar a solicitar estas subvencións para rehabilitar, dinamizar e conservar entre todos estes espazos significativos».


Para Dani Vega «no conxunto histórico de Ribadeo non debemos botar por terra todo o traballo que se fixo durante todos estes anos, todo o contrario, debemos pisar o acelerador, debemos traballar intelixentemente e cunha estratexia clara». 


El alcalde considera que «o Concello ten que facer un traballo importante, pero tamén podemos facelo a título particular e todos os propietarios que teñen unha vivenda no casco histórico de Ribadeo teñen que saber que teñen a oportunidade de solicitar unha subvención para conservar e rehabilitar o seu fogar. Isto é importante. Tamén a vila mariñeira de Rinlo, a vila por excelencia mariñeira, a vila máis importante que ten esas connotacións, que ten esa vida propia, debemos conservala entre todos. E tamén teñen a oportunidade de solicitar estas subvencións».


Vega explicó que «o prazo de solicitude xa está aberto e remata para xustificar toda a obra o 30 de abril de 2025. Hai un tempo considerable e importante para facer os traballos». El regidor contó que «hai que cumprir varios criterios como pode ser mellorar as condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas, tamén unha presenza significativa da unidade de acción no espazo público, por razón socioeconómica así como medidas de aforro enerxético».


El alcalde ribadense cree que «son medidas que se poden cumprir perfectamente. Nós desde o Concello estamos a disposición todos os días da semana para asesorar e para informar na unidade técnica do Ari. Entre todos imos seguir avanzando e apostando polo casco histórico de Ribadeo, algo moi importante que se fixo nestes anos e non hai que tiralo por terra, hai que seguir trazando unha estratexia clara. O propio Concello ten que facer moitos traballos, que os está a facer, pero tamén ten que haber unha unidade estratéxica de acción coas distintas administracións e neste caso falo coa Xunta de Galicia. Seguimos colaborando con eles para inxectar este orzamento, que ven da Xunta, e nosoutros imos informar, asesorar e traballar conxuntamente, que é o mais importante». 

Siete firmas de Ribadeo están adheridas a la campaña del bono deporte de la Xunta

El concejal de Deportes, Francisco José Silvent, anima a las familias a solicitarlo: «desde o Concello de Ribadeo queremos animar ás familias con nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos a que soliciten o bono deporte da Xunta de Galicia. Son 120 euros os que a administración galega concede para a compra de material destinado á práctica deportiva»


Silvent dijo que «os bonos poden solicitarse ata o 29 de febreiro. E despois poderán consumirse ata o vindeiro 1 de xullo».  Y añadió: «en Ribadeo son sete os locais adheridos a esta campaña da Xunta de Galicia: Hola Ola e Hola Ola Outlet, Deportes Docobo, Jatay, BeOne, Coco e Pilla Bikes».