Ribadeo inicia los trámites para la creación de su bandera oficial

ribadeo concello

El alcalde, Dani Vega, contó que «abordamos cuestións como a proposta de inicio do expediente para a aprobación da bandeira de Ribadeo. Creo que é importante que nos elementos que nos representen teñamos unanimidade dos grupos políticos, así foi e vaise coordinar desde o Concello de Ribadeo, desde unha comisión municipal para facer o estudio e análise da futura bandeira de Ribadeo, que estará formada pola comisión de asuntos xerais na que están todos os grupos políticos representados, o cronista oficial de Ribadeo, o Instituto Padre Sarmiento, a Dirección Xeral de Administración Local e o Consello da Cultura Galega. Houbo unha unanimidade e creo que desde a unidade imos aprobar un elemento que nos vai representar a todos como é a bandeira do Concello de Ribadeo».

En la sesión plenaria también se abordaron asuntos relativos a la creación de empleo. «En colaboración co Concello de Barreiros teremos dous obradoiros. O dual 'Constrúe en verd'e e tamén outro de garantía xuvenil 'Máis Emprego'. A unidade de Concellos como Ribadeo e Barreiros é algo importante e que tamén trae cousas moi positivas e relevantes para a creación de emprego», declaró el regidor ribadense.


Vega explicó que «no pleno tamén se someteu a aprobación a modificación do regulamento dos cemiterios municipais. O que quixemos foi desatascar, solucionar e darlle unha resposta a moitas familias. Imos darlle axilidade administrativa. Moitas persoas tiñan en posesión un nicho e se non o querían ter non se podían desfacer del, soamente a un familiar. Iso non nos parecía moi xusto. Agora se un titular dun nicho non o quere, reverte na propiedade que é o Concello de Ribadeo e o Concello fai un sorteo público para que todas aquelas persoas que precisan unha sepultura poidan concorrer a el. Agora tamén hai unha segunda proposta, que é a construción de máis nichos, a ampliación do cemiterio».


Abastecimiento de agua 

El alcalde subrayó que «imos tamén falar dun tema moi importante durante os vindeiros tempos, que é o estudio de viabilidade económica e financieira e a revisión de prezos para o contrato de servizos de abastecemento de auga, saneamento e depuración. Estamos a falar dunha licitación moi importante de máis de 24 millóns de euros. É algo moi importante para Ribadeo o abastecemento de auga, investir e poñer solucións a moitos problemas que temos aquí. A primeira parte quedou aprobada por unanimidade no pleno de onte e seguiremos a traballar neste asunto».


Para Dani Vega «foi un pleno moi construtivo no que demos solución a moitos problemas e nesta liña imos seguir: traballando, xestionando, e dando resposta a moitas problemáticas, pero traballando en conxunto é como solucionan».

Comentarios