Ribadeo presenta la programación para conmemorar el centenario del fallecimiento de El Viejo Pancho

090524 O ALCALDE DE RIBADEO E A CONCELLEIRA DE CULTURA DIANTE DA ESTATUA DE EL VIEJO PANCHO NO PARQUE RIBADENSE

El Concello de Ribadeo lidera el programa de actividades para celebrar el centenario de la muerte del poeta ribadense-uruguayo El Viejo Pancho, que nació un día 7 de mayo y falleció un 28 de julio. 


La concejala de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunció que «é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Esta conmemoración xa comezou coa exposición '100 anos sen El Viejo Pancho', preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos os que o desexedes pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para traballar ó autor José María Alonso Trelles nas súas aulas. Neste mes de maio presentaremos tamén unha páxina web para a difusión da vida e obra poeta así como das actividades realizadas nesta celebración».


Sanjurjo destacó que «no mes de xullo levarase a cabo o forte das celebracións. Serán actos institucionais coa presenza da Xunta de Galicia e do Consulado de Uruguai; a representación dunha obra teatral inédita do autor polo grupo de teatro afeccionado de Ribadeo; o recitado de poemas; un concerto da Coral Polifónica de Ribadeo, que incluirá no repertorio poemas musicados e que foron popularizados por Gardel; e a presentación dun importante libro: unha publicación bilingüe con ilustracións de artistas uruguaios. Ademais este ano A Comarca dos Pícaros non se dedicará á homenaxeada no día das Letras senón ó Viejo Pancho».


«Esperamos que poidades coñecer mellor ó Viejo Pancho e desfrutar de toda a programación preparada para celebrar o centenario da súa morte», finalizó la edil de Cultura ribadense.

Comentarios