ESPECIAL FESTAS PATRONAIS

Xosé Luís Foxo, presidente de la Real Banda de Gaitas de Ourense: «Para nós o concerto en Ribadeo é o máis importante»

Xosé Luis Foxo recibe una condecoración del rey de España
photo_camera Xosé Luis Foxo recibe una condecoración del rey de España
El colectivo quiere, entre otros aspectos, honrar a los músicos tradicionales de A Mariña en las festas patronais

Xosé Luís Foxo é o presidente da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.  En xuño foi galardoado coa Orden del Mérito Civil de mans do monarca pola súa labor á fronte da  Real Banda de Gaitas de Ourense. Foxo leva décadas ensinando a miles de mozos sobre este tradicional instrumento na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, que foi fundada por el mesmo e que xa conta con 15.000 alumnos. Precisamente, o presidente desta institución estará presente o vindeiro domingo 8 de setembro con «parte da banda» para honrar aos músicos tradicionais da comarca da Mariña e para «seguir coa difusión da escola e do museo»

-Que implica para a Real Banda de Gaitas de Ourense tocar tan lonxe da casa?
-En principio imos estar o domingo alá e é bastante lonxe da casa, pero non é a fin do mundo. A banda está acostumada a tocar lonxe. Estivemos xa nos cinco continentes e tocar dentro de Galicia, aínda que sexa afastado do noso lugar de orixe sempre é un aliciente. Non é a primeira vez que estamos e por iso é interesante.  Ademais, houbo un personaxe, chamado Primitivo Díaz, que viviu entre 1900 e 1973, e foi un destacado mestre gaiteiro e fundador da Banda de Gaitas Saudade. Este foi un grupo de mozas que, polo ano 1961, andaron tocando por Galicia e Asturias. De tal maneira que é unha terra de música e gaiteros e imos encantados.

-Cre que faría falta unha sede da Real Banda por aquí?
-Non nos importaría colaborar para a formación dunha escola no norte de Galicia. A Real Banda non só se compón de xente de Ourense, tamén hai integrantes da provincia de Lugo. Temos rapaces de Chantada ou Quiroga que van estar presentes en Ribadeo. Tamén temos xente de Portugal, Pontevedra, Coruña e, na última xuntaza en Monterrei, tocaron con nós músicos de Suíza, entre outros países. A banda ten esa vocación internacional e sempre nos gusta levar a mensaxe de Ourense por aí.

-Van aproveitar para dar a coñecer a dixitalización do seu museo?
-Hai que decir que a Escola de Gaitas non só forma gaiteiros. Tamén ten o Museo Internacional de Cornamusas que é, posiblemente, a colección máis grande do mundo destes instrumentos. De feito, estamos programando, a través da Abanca, facer unha exposición de cornamusas en Lugo no mes de marzo. Así mesmo, temos o arquivo máis grande de recolleitas de campo, de gravacións de xente maior que desde a invención do radio cassette nos anos 60 —un servidor—, se dedicou a recoller cantares antigos e a gravar gaiteiros. Esa é outra dimensión da Escola. Tamén levamos toda a organización de eventos como a Liga Galega de Gaitas no seu momento, o certame Celtibérico en Manzaneda e a segunda fase en Quiroga. Os Segredos da Gaita é un libro adicado ao ensino deste instrumento e xa leva sete edicións e está traducida a varios idiomas. Levamos a gaita a moitos lugares e, antes da aparición de internet, foi un documento moi significativo que amosa os segredos deste instrumento en Ribadeo e en todas as partes do mundo.

-Hai pouco fixestes concertos moi importantes en Madrid, que expectativas hai en Ribadeo?
-Ademais de en Ribadeo, imos tocar en Estocolmo proximamente, a mediados de novembro, nun concerto organizado polo Instituto Cervantes. Precisamente para dar a coñecer Galicia.  Para nós o concerto en Ribadeo é o máis importante, xa que hai grandes músicos. Alí teñen o monumento ao gaiteiro máis antigo e desa zona tamén era Pascual Veiga, ao que queremos homenaxear tocando as súas pezas. Alá tamén houbo grandes mestres da capela. A primeira muiñeira estruturada naceu na Catedral de Mondoñedo, polo que na historia da comarca hai grandes músicos.